Este ano fai 30 anos do primeiro Festival. Durante este tempo pasou, por un concello pequeno como Pantón, o mellor da música galega, mais tamén houbo altibaixos e momentos nos que ninguén asumiu a organización, celebrándose en total nove edicións. Foron moitas as persoas que loitaron nas diferentes etapas para que fora adiante. Esta décima edición quixemos que fora tamén unha homenaxe a todos e todas eles.

O festival en Imaxes PDF Versão para impressão Enviar por E-mail
Rematou o festival con moi bon sabor de boca. Todos e todas disfrutamos dun grande ambiente que queremos agradecer especialmente a todas a persoas que partipástedes nas diferentes actividades. Desde o Torneo de Birlos, os postos de artesanía, o xantar, os pasarrúas, os artistas da tarde ou os concertos da noite, en todo momento a festa e o bo humor foron a nota predominante. Xa estamos preparando a edición do ano que ven na que tentaremos sorprender con algunha novidade que xa estamos argallando. Serán ben recibidas as propostas e ideas, gostaríamos de saber o que vos gustou e o que non tanto. Como algo a mellorar, tentaremos que os concertos rematen un pouco antes para que o descanso tamén sexa posíbel, xa que este ano moitos xuntamos a noite e o día. Finalmente agradecer a todas as persoas que colaboraron e traballaron para que todo saira ben e para que un ano máis podamos falar de éxito o que fai que renovemos as gañas de seguir mantendo un festival popular, independente e participativo, en Pantón e na Ribeira Sacra. Vémonos nos bares!
 
 
Programación definitiva do Festival do Castro'09 PDF Versão para impressão Enviar por E-mail
O programa xa está completo e temos preparadas unha morea de actividades para que desde a mañá do sábado até case o amencer do domingo non pare a festa. Achégate a Pantón a disfrutar destas estimulantes propostas! Pola mañá comezaremos coa final do Torneo de Birlos, a apertura da Feira de Artesanía e os pasarúas da Teboada do Baixo Minho que cos seus tambores despertarán aos veciños e veciñas de Ferreira e porán a funcionar toda a maquinaria festeira no Castro. Coa chegada do mediodía comeza o Xantar popular que rematará coa animación musical da charanga dos Veraneantes. E xa entre probas de son e paseos polo festival comezaremos co teatro de rúa e o novo circo de Cigânì & Cía e os arxentinos Dj Capuzzi e a Señorita X que garantizan, por contrato, a diversión e as risas de novos e maiores. E así iremos chegando á noite onde disfrutaremos dun espectacular concerto, que se prolongará até case facerse dia e que será presentado polo humorista David Amor que dará paso actuar os bercianos de Aira da Pedra coa visón do folk, á sempre sorprendente actuación dos eléctricos Festicultores, o novo traballo dos Cuchufellos, Achegaivos Feligreses, o funky-reagge-rap de Som do Galpom e o rotundo hip-hop dun dos mellores grupos galegos como é Dios Ke Te Crew. Música e actividades para todos os gustos para non perderse. Lembra que temos zona de acampada e todo o necesario para disfrutares da festa. Vémonos o sábado!
 
 
Som do Galpom tocarán no Festival PDF Versão para impressão Enviar por E-mail
Un desgraciado accidente nun concerto en Eslovaquia vai impedir que United Flavour veñan ao festival este ano. Nunha descomunal tormenta unha estrutura metálica caeu sobre o público provocando ducias de feridos e un mozo falecido. Tras esta triste situación o grupo está cancelando concertos por non atoparse no mellor dos estados anímicos para tocar. Desde aqui queremos mandarlle o noso ánimo e desexamos que o ano vindeiro podan estar con nós. O Festival continúa e xa contamos con uns susbtitutos de luxo como son os Som do Galpom que coa súa particular combinación de funky-reagge-rap xa se teñen convertido nun dos grupos mais solicitados do panorama musical galego. Unha actuación para non perderse.
 
Novas actuacións para o Festival PDF Versão para impressão Enviar por E-mail
Xa está confirmado! Ás xa anunciadas de Cuchufellos e United Flavour únense o grupo folk berciano Aira da Pedra, os sempre espectaculares e imprevisíbeis Festicultores e de novo en Pantón, presentando o seu novo traballo, o hip-hop de Dios Ke Te Crew. Con isto pechamos o concerto e contaremos tamén, para o programa de tarde, co clown de inspiración balcánica de Cigani & company. Ainda queda algunha surpresa máis, que iremos anunciando nos proximos días. Xa falta menos!
 
<< Início < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Página 1 de 2