rifa

Dende a Asociación Cultural O Castro queremos facervos saber que xa están a vosa disposición as rifas de apoio o Festival do Castro 2015

Os puntos de venda, como en edicións anteriores, son as e os diversos colaboradores do festival e diferentes establecementos de Pantón e comarca, dos cales informaremos en vindeiros días polas redes sociais.

O custo das rifas e de un euro e o premio que se pode conseguir e irresistible: un plan marabilloso para o tempo que se chega.

Deste xeito, se achegas un euro á nosa causa, es portadora ou portador dun boleto que che outorgará a posibilidade de conseguir de premio unha xornada de pracer no Balneario Auga Santas de Pantón.

Dito premio componse de dous pases para o circuito termal do Balneario Auga Santas, dous menús degustación na estupenda cociña do mesmo hotel e unha habitación dobre para dous. Soamente che queda escoller a ti quen te acompaña nesta xornada de relax e pracer no entorno da Ribeira Sacra!!

Acadará o premio o posuidor do boleto cuxo número coincida coas catro últimas cifras do número gañador do sorteo da ONCE o lúns día 27 de xullo de 2015.

O Festival do Castro é un evento festivo e cultural gratuíto en prol da cultura galega e da súa dinamización, mercando unha rifa estas colaborando e achegando o teu grao de area para contribuír esa montaña xigante que é o Festival do Castro.

Sorte!!