Voltar a Artistas

Logo de Kote Malabar chega o tempo das acrobacias de man de Raquel Oitaven e Mercé Solè que presentarán o espectáculo ‘O que queda por chover’. Unha peza que  fala do curso da vida de dúas mulleres dende os anos novos ata que os fins son chegados. A infancia, a adolescencia e a madurez son tramos polos que transcorre a historia, dende un punto de vista cómico, dinámico e visual.

As Aerealistas ofrecerán en Pantón un espectáculo axeitado para todos os públicos. Este será ao aire libre e nos balcóns do Castro, de onde se poden gozar unhas singulares vistas do Val de Lemos.

As Aerealistas traballan contorsións imposíbeis dentro dunha maleta e acrobacias espectaculares coas que ficar coa boca aberta.