Kote Malabar é un artista de rúa, cómico e malabarista cunha longa traxectoria no sector da diversión xa que leva máis dunha década quitanto sorrisos e provocando o goce de xente de todas as idades, dende cativos a adultos. Conta cunha ampla experiencia en diversas actuacións en festas, feiras, festivais e calquera outro acto lúdico e de entretemento en toda a Galiza, Portugal e outros territorios do estranxeiro.
No espectáculo que presentará no Festival do Castro mestura técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor e público que pasará a formar parte activa e indispensable dun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que calquera dos que veñan a pasar a tarde ao Festival do Castro rematen sendo as estrelas da función.