Voltar a Artistas

Este ano os encargados de axudar a facer a dixestión son La Patxaranga.

La Patxaranga son unha xente que promete baile e ledicia a través dunha viaxe por diversas músicas do mundo enteiro. Os de La Patxaranga aseguran que provocan un ambiente festivo e de alegría aló por onde van cun estilo que mestura o balkan, klezmer, swing e o flok grazas a unha formación de saxo, violín, guitarra, baixo, percusión e voz.

Abofé que o café concerto do Festival do Castro vai ser memorable!