Bloquinho de Xermolos

O Bloquinho de Xermolos naceu no corazón da Terra Chá, en Guitiriz (Lugo). Logo de moitas xuntanzas entre amigos para tocaren percusión afrobrasileira, xurdiu a idea de se converter nunha formación para poder actuar por toda a xeografía do país. Aquelas xuntanzas deron o seu froito, e agora o seu prestixio e recoñecemento é absoluto en toda a xeografía galega. Teñen participado en diferentes lugares e festivais recoñecidos da Galiza, e son “buque insignia” do Festival de Pardiñas.

A súa actividade está centrada no samba-reggae e no samba-afro, estilos propios da música tradicional de Salvador de Bahía, grazas a referencias coma Olodum ou Ile Aiye.