

Coanhadeira
As coanhadeiras son en moitos lugares de Galiza, as mulleres responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla, e por extensión é tamén o nome das vasoiras que empregaban. O grupo Coanhadeira naceu no ano 2006 con ese mesmo espírito de recollida. Porque está formación de música folque vive entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, nos últimos anos esta banda acadou numerosos recoñecementos. Primeiro premio do IV concurso Nsaio na sección FOLK, tamén do certame Folk Escenario PRAU (Cantábria). Fixéronse co segundo premio no Folk Folkez Blai e forou finalistas do Escenario Runas do Festival Irtercéltico de Ortigueira
O seu último álbum, Bicos con luvas, procura unha nova achega á música feita na Galiza, e coas máximas de faceren danzable calquera espazo, e de ateigar os escenarios do poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís. Asinan co seu selo de calidade a súa participación na XI Edición do Festival do Castro.