Soundkilla

E, coma todos os anos, a festa dura até o día. E ao remataren os concertos, no Castro de Ferreira segue a festa da man de Soundkilla. Debaixo da carpa e cun bar ao carón as resiatentes poderán seguir de festa.

Soundkilla é un colectivo galego que nace no 2007 tras a unión de varios mc’s e selectores con experiencia propia. A idea de promoveren a música reggae e a cultura “Sound System” fai que no 2010 decidisen construír o seu propio sistema de son artesán, pioneiro na Galiza, e que dende aquela non parou de medrar. Na actualidade conta con dúas torres de altofalantes de máis de dous metros e medio de alto e 10 kw de potencia cada unha. Son limpo e potente que fará gozar a quen resista até o amencer no Festival do Castro.

Máis de 10 anos de traballo avalan a traxectoria deste colectivo, que xa ten compartido escenario con artistas de sona mundial. Ademais: teñen gozado do seu espectáculo en diferentes salas de dentro e fóra da Galiza, Barcelona, Madrid, Canarias, Asturias e parte de Portugal.