
Xa temos listas as rifas do Castro 2016!
Durante este mes e até ben entrado setembro estarán á venda as rifas de apoio o Festival do Castro 2016.
Podes conseguilas, como en edicións anteriores, a través dos colaboradores e colaboradoras do festival e en diferentes establecementos de Pantón e comarca, dos cales informaremos en vindeiros días polas redes sociais.
O custo das rifas e de un euro e o premio que se pode conseguir e irresistible: un plan marabilloso para coñecer mais devagar a Ribeira Sacra.
Deste xeito, se achegas un euro á nosa causa, es portadora ou portador dun boleto que che outorgará a posibilidade de conseguir de premio unha xornada de pracer no Balneario Auga Santas de Pantón para dúas persoas. O sorteo será o da ONCE o lúns día 27 de xullo de 2015 e gañará quen teña o boleto coas 4 últimas cifras.
O Festival do Castro é un evento festivo e cultural gratuíto e independente e mercando unha rifa estas colaborando ao seu mantemento, porque sempre decimos que o festival somos todas. Sorte!!