Aquí está o Festival do Castro 2016! 

Aquí está o Festival do Castro 2016! 

(fai clic na imaxe para ampliares)

Tras 11 anos e en épocas difíciles para as asociacións como a nosa, conseguimos ter un cartaz cheo de actividades para que ninguén quede á marxe dun día tan especial e festivo. Desde pola mañá haberá animación e desde as 11 a feira de artesanía. Despois introducimos un obradoiro de brinquedos musicais para miúdos e miúdas. Despois e por terceiro ano desde as 13h teremos sesión vermú con cantos de taberna para abrir boca para o xantar popular, que rematará como todos os anos co café concerto con Cé Orquestra Pantasma. Xantar en boa compañía, música e festa, a ecuación perfecta.

Co inicio da tarde comezan as actividades para os cativos e cativas con globoflexia, pintura de caras e xogos participativos. Para todas as idades as xa clásicas actividades de circo de rúa que son parte imprescindíbel da esencia do Festival do Castro. E case seguido comeza no mesmo espazo o Anoitecer no Castro con Blues do País, que aseguramos que te sorprenderán.

E desde as 11 da noite o concerto aberto polo Bloquinho de Xermolos para seguir con Coanhadeira, o ska-punk dos Uruguaios Once Tiros, os imprencindíbeis Nao, que repiten dez anos depois, e Skandalo GZ. Toda a noite de música que chegará ao amencer coas misturas de Soundkilla até que o corpo agüante.

Pensamos que non pode haber mellor programa. Consúltao aquí completo cos negocios locias que nos apoian e que nos recomendamos e agradecemos o seu alento. Agardámoste!

Xa temos listas as rifas do Castro 2016!

Xa temos listas as rifas do Castro 2016!

Durante este mes e até ben entrado setembro estarán á venda as rifas de apoio o Festival do Castro 2016.

Podes conseguilas, como en edicións anteriores, a través dos colaboradores e colaboradoras do festival e en diferentes establecementos de Pantón e comarca, dos cales informaremos en vindeiros días polas redes sociais.

O custo das rifas e de un euro e o premio que se pode conseguir e irresistible: un plan marabilloso para coñecer mais devagar a Ribeira Sacra.

Deste xeito, se achegas un euro á nosa causa, es portadora ou portador dun boleto que che outorgará a posibilidade de conseguir de premio unha xornada de pracer no Balneario Auga Santas de Pantón para dúas persoas. O sorteo será o da ONCE o lúns día 27 de xullo de 2015 e gañará quen teña o boleto coas 4 últimas cifras.

O Festival do Castro é un evento festivo e cultural gratuíto e independente e mercando unha rifa estas colaborando ao seu mantemento, porque sempre decimos que o festival somos todas. Sorte!!

Velaquí a camisola festivaleira de 2016

Velaquí a camisola festivaleira de 2016

Xa temos á venda a camiseta deste ano para lucir e presumir de Festival de Castro entre as túas amizades. En duas cores, gris plomo e chocolate, para escoller e en todas as tallas desde a 4-5 anos á maior XXXL que podas imaxinar, adaptada a todo tipo de corpos. A un prezo módico de 9 euros podes, ademais de ir á última, contibuir poñendo o teu grao de area para o mantemento desta aventura.
Se a queres xa solicítaa no correo festivaldocastro@gmail.com e se vas estar connosco no Festival o 20 de agosto, non vaias marchar sen ela!

Soundkilla

Soundkilla

Soundkilla

E, coma todos os anos, a festa dura até o día. E ao remataren os concertos, no Castro de Ferreira segue a festa da man de Soundkilla. Debaixo da carpa e cun bar ao carón as resiatentes poderán seguir de festa.

Soundkilla é un colectivo galego que nace no 2007 tras a unión de varios mc’s e selectores con experiencia propia. A idea de promoveren a música reggae e a cultura “Sound System” fai que no 2010 decidisen construír o seu propio sistema de son artesán, pioneiro na Galiza, e que dende aquela non parou de medrar. Na actualidade conta con dúas torres de altofalantes de máis de dous metros e medio de alto e 10 kw de potencia cada unha. Son limpo e potente que fará gozar a quen resista até o amencer no Festival do Castro.

Máis de 10 anos de traballo avalan a traxectoria deste colectivo, que xa ten compartido escenario con artistas de sona mundial. Ademais: teñen gozado do seu espectáculo en diferentes salas de dentro e fóra da Galiza, Barcelona, Madrid, Canarias, Asturias e parte de Portugal.

Nao

Nao

Nao

Nao é un grupo de música rock galego da Estrada. A banda fúndase no 2005 e caracterízase por un estilo que vai dende o rap-metal ata un metal combinado con rock. Estes estilos sobre todo están máis presentes nos seus últimos traballos.

A banda conta con seis álbums de estudo máis un EP. As súas cancións falan do compromiso político e a crítica social. E todas elas están escritas en galego. O grupo nace coa intención de poñer voz a calquera problemática que sexa galega, ademais de beber das fontes clásicas da cultura desta erra.

A senda pola que transcorre a sua traxectoria é intensa e medra a medida que pasa o tempo, xa que na actualidade a banda da Estrada é un dos grupos de referencia do panorama musical galego. Os de Nao chegan ao Festival do Cástro nun dos mellores momentos do seu percorrido vital. O día 20 de agosto Nao no Castro de Pantón. Non o perdas!!

Skandalo Gz

Skandalo Gz

Skandalo Gz

Skandalo GZ é unha banda de ska/punk galega con base en Ponteareas. Nace no 2007, xunguida ao territorio que habita, e fai gala do orguilo que supon a pertenza a unha colectividade cunhá cultura diferenciada como é a galega. As influencias musicais que máis marcan o seu estilo son Kortatu, La Polla, Los muertos de Cristo, Skacha e Fermin Muguruza.

Con 3 discos e case 10 nos de experiencia trae ao Castro o seu carácter reivindicativo e transgresor.

Son un grupo policamente moi incorrecto, e só a súa inquebrantable fe no que querían transmitir foi quen de facerlle superar os infinitos atrancos que teñen atopado no camiño, e seren quen de agasallarnos cuns directos, con sons que nos levan á éxtase nos que se produce unha simbiose pura entre grupo e público.