Soundkilla

Soundkilla

Soundkilla

E, coma todos os anos, a festa dura até o día. E ao remataren os concertos, no Castro de Ferreira segue a festa da man de Soundkilla. Debaixo da carpa e cun bar ao carón as resiatentes poderán seguir de festa.

Soundkilla é un colectivo galego que nace no 2007 tras a unión de varios mc’s e selectores con experiencia propia. A idea de promoveren a música reggae e a cultura “Sound System” fai que no 2010 decidisen construír o seu propio sistema de son artesán, pioneiro na Galiza, e que dende aquela non parou de medrar. Na actualidade conta con dúas torres de altofalantes de máis de dous metros e medio de alto e 10 kw de potencia cada unha. Son limpo e potente que fará gozar a quen resista até o amencer no Festival do Castro.

Máis de 10 anos de traballo avalan a traxectoria deste colectivo, que xa ten compartido escenario con artistas de sona mundial. Ademais: teñen gozado do seu espectáculo en diferentes salas de dentro e fóra da Galiza, Barcelona, Madrid, Canarias, Asturias e parte de Portugal.

Nao

Nao

Nao

Nao é un grupo de música rock galego da Estrada. A banda fúndase no 2005 e caracterízase por un estilo que vai dende o rap-metal ata un metal combinado con rock. Estes estilos sobre todo están máis presentes nos seus últimos traballos.

A banda conta con seis álbums de estudo máis un EP. As súas cancións falan do compromiso político e a crítica social. E todas elas están escritas en galego. O grupo nace coa intención de poñer voz a calquera problemática que sexa galega, ademais de beber das fontes clásicas da cultura desta erra.

A senda pola que transcorre a sua traxectoria é intensa e medra a medida que pasa o tempo, xa que na actualidade a banda da Estrada é un dos grupos de referencia do panorama musical galego. Os de Nao chegan ao Festival do Cástro nun dos mellores momentos do seu percorrido vital. O día 20 de agosto Nao no Castro de Pantón. Non o perdas!!

Skandalo Gz

Skandalo Gz

Skandalo Gz

Skandalo GZ é unha banda de ska/punk galega con base en Ponteareas. Nace no 2007, xunguida ao territorio que habita, e fai gala do orguilo que supon a pertenza a unha colectividade cunhá cultura diferenciada como é a galega. As influencias musicais que máis marcan o seu estilo son Kortatu, La Polla, Los muertos de Cristo, Skacha e Fermin Muguruza.

Con 3 discos e case 10 nos de experiencia trae ao Castro o seu carácter reivindicativo e transgresor.

Son un grupo policamente moi incorrecto, e só a súa inquebrantable fe no que querían transmitir foi quen de facerlle superar os infinitos atrancos que teñen atopado no camiño, e seren quen de agasallarnos cuns directos, con sons que nos levan á éxtase nos que se produce unha simbiose pura entre grupo e público.

Once Tiros

Once Tiros

Once Tiros

Veñen do Uruguai, consolidados no panorama rock internacional e definidos como Ska-Punk-Reggae, nace no ano 1997 coma unha banda de tres amigos, o que a obriga a ser trío nun inicio. E dende a rúa Parvadomus na Zona de Punta Carretas en Montevideo, sacan o seu primeiro disco, ao que bautizan co nome da rúa. Após este, a banda foi crecendo no musical, e tamén na necesidade de contar con máis persoas. As influencias musicais son moi variadas, van dende grupos como La Polla Records é Skape, a Bob Marley, Sublime, Los Fabulsos Cadillacs, Los Pericos, The Clash, Iron Maiden, Metallica 9 outras bandas. Procuraron así a fusión dun grande número de estilos musicais, pero cunha base no ska-punk-reggae. Logo chegarían as incorporacions de máis musicos, algunha baixa, colaboracións estelares, e súa consolidación como grupo de referencia primeiro en Punta Carretas, e despois en todo o Uruguai, chegando ao momento coma unha banda compacta e contundente que conta cun grande número de seguidoras e seguidores incondiconais “. “Y que más………. Y que maaaaaaaaaaaasss…….. puedo pediriiiiiirrrr?” (fragmento da cancion “Aventuras y Proezas-Parvadomus”). Con catro discos publicados, Parvadomus, Glamour y violencia, Momento extraño e Imán este ano visitan Europa de xira, e estarán no Castro de Ferreira.

Coanhadeira

Coanhadeira

Coanhadeira

As coanhadeiras son en moitos lugares de Galiza, as mulleres responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla, e por extensión é tamén o nome das vasoiras que empregaban. O grupo Coanhadeira naceu no ano 2006 con ese mesmo espírito de recollida. Porque está formación de música folque vive entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.

Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, nos últimos anos esta banda acadou numerosos recoñecementos. Primeiro premio do IV concurso Nsaio na sección FOLK, tamén do certame Folk Escenario PRAU (Cantábria). Fixéronse co segundo premio no Folk Folkez Blai e forou finalistas do Escenario Runas do Festival Irtercéltico de Ortigueira

O seu último álbum, Bicos con luvas, procura unha nova achega á música feita na Galiza, e coas máximas de faceren danzable calquera espazo, e de ateigar os escenarios do poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís. Asinan co seu selo de calidade a súa participación na XI Edición do Festival do Castro.

Bloquinho Xermolos

Bloquinho Xermolos

Bloquinho de Xermolos

O Bloquinho de Xermolos naceu no corazón da Terra Chá, en Guitiriz (Lugo). Logo de moitas xuntanzas entre amigos para tocaren percusión afrobrasileira, xurdiu a idea de se converter nunha formación para poder actuar por toda a xeografía do país. Aquelas xuntanzas deron o seu froito, e agora o seu prestixio e recoñecemento é absoluto en toda a xeografía galega. Teñen participado en diferentes lugares e festivais recoñecidos da Galiza, e son “buque insignia” do Festival de Pardiñas.

A súa actividade está centrada no samba-reggae e no samba-afro, estilos propios da música tradicional de Salvador de Bahía, grazas a referencias coma Olodum ou Ile Aiye.