Velaquí a camisola festivaleira de 2016

Velaquí a camisola festivaleira de 2016

Xa temos á venda a camiseta deste ano para lucir e presumir de Festival de Castro entre as túas amizades. En duas cores, gris plomo e chocolate, para escoller e en todas as tallas desde a 4-5 anos á maior XXXL que podas imaxinar, adaptada a todo tipo de corpos. A un prezo módico de 9 euros podes, ademais de ir á última, contibuir poñendo o teu grao de area para o mantemento desta aventura.
Se a queres xa solicítaa no correo festivaldocastro@gmail.com e se vas estar connosco no Festival o 20 de agosto, non vaias marchar sen ela!

O Festival do Castro máis sustentábel co ecovaso!

O Festival do Castro máis sustentábel co ecovaso!

ecovaso

O Festival do Castro máis ecolóxico e máis limpo. Co emprego do ecovaso temos o obxectivo de reducir notablemente o emprego de plástico e residuos na barra e no recinto do festival.

Poderedes solicitar o ecovaso tanto na barra do bar da organización coma no posto de venda de camisetas da asociación por 1 euro. Logo de gozar os grolos que vos apetezan tedes a opción de devolvelo na barra e devolvémoches 0.50 euros.
Pero tamén podes levalo para a casa xa que así terás un recordo do festival que podes volver a empregar cando precises e mesmo noutros eventos para así continuar evitando o emprego de vasos de plástico descartables que tardan máis dun cento de anos en degradarse.

Se colaboramos todos e todas o Festival do Castro será un evento máis respeituoso co ambiente e o lugar do Castro un sitio máis limpo porque sabemos que a xente que acudides ao festival tedes unha alta conciencia ambiental.
Saúde e Festival do Castro!

O Festival do Castro xa está aquí!

O Festival do Castro xa está aquí!


Pechado o groso do programa de actuacións da edición de 2015 aquí está o Festival do Castro. No décimo aniversario e en épocas difíciles para as asociacións que como a nosa conseguimos ter un cartaz cheo de actividades para que ninguén quede á marxe dun día tan especial e festivo. Desde pola mañá haberá animación e desde as 11 a feira de artesanía. Por segundo ano consecutivo desdea as 13h teremos sesión vermú con cantos de taberna para abrir boca para o xantar popular, que rematará como todos os anos co café concerto con Patxaranga. Xantar en boa compañía, música e festa, a ecuación perfecta.

Co inicio da tarde comezan as actividades para os cativos e cativas coa asociación Lusco e Fusco con globoflexia, pintura de caras e xogos participativos. Para todas as idades as xa clásicas actividades de circo de rúa que son parte imprescindíbel da esencia do Festival do Castro. Este ano contaremos coas habilidades das Aerealistas e Kote Malabar. Case seguido comeza no mesmo espazo o Anoitecer no Castro con Poetarras, grupo revelación!

E desde as 11 da noite o concerto cos míticos Cempés, con Muyayo Rif, Chotokoeu e Ruxe Ruxe. Toda a noite de música que chagará ao amencer con picadiscos até que o corpo agüante.

Os 10 anos de Festival do Castro non podían ter mellor programa. Agardámoste!

O 8867 foi o número gañador!

O 8867 foi o número gañador!


Celebrado o sorteo da ONCE do 27 de xullo xa temos o número gañador da rifa de apoio ao Festival do Castro. É o 8.867, así que ide comprobar as vosas rifas. O gañador ou gañadora deste sorteo pode poñerse en contacto coa asociación para disfrutar dunha estancia para dúas persoas no Balneario de Augas Santas, en Pantón, con durmida, almorzo, xantar con menú degustación e circuitos acuáticos.

Moitas gracias a todas as persoas que mercastes unha por contribuir a seguir adiante co Festival do Castro. Vémonos pronto, en Pantón.

Novo sorteo do Castro

Novo sorteo do Castro

rifa

Dende a Asociación Cultural O Castro queremos facervos saber que xa están a vosa disposición as rifas de apoio o Festival do Castro 2015

Os puntos de venda, como en edicións anteriores, son as e os diversos colaboradores do festival e diferentes establecementos de Pantón e comarca, dos cales informaremos en vindeiros días polas redes sociais.

O custo das rifas e de un euro e o premio que se pode conseguir e irresistible: un plan marabilloso para o tempo que se chega.

Deste xeito, se achegas un euro á nosa causa, es portadora ou portador dun boleto que che outorgará a posibilidade de conseguir de premio unha xornada de pracer no Balneario Auga Santas de Pantón.

Dito premio componse de dous pases para o circuito termal do Balneario Auga Santas, dous menús degustación na estupenda cociña do mesmo hotel e unha habitación dobre para dous. Soamente che queda escoller a ti quen te acompaña nesta xornada de relax e pracer no entorno da Ribeira Sacra!!

Acadará o premio o posuidor do boleto cuxo número coincida coas catro últimas cifras do número gañador do sorteo da ONCE o lúns día 27 de xullo de 2015.

O Festival do Castro é un evento festivo e cultural gratuíto en prol da cultura galega e da súa dinamización, mercando unha rifa estas colaborando e achegando o teu grao de area para contribuír esa montaña xigante que é o Festival do Castro.

Sorte!!