|
Comeza a andar o Festival do Castro 2010! |
|
|
|
|
A asociación organizadora do Festival do Castro de 2010, xa nos puxemos en marcha para facer posible unha nova edición do festival, de referencia na Comarca de Lemos. Xa que o festival do Castro, lonxe de ter unha organización de carácter exclusivamente local, conta con voluntarios na organización residentes nos concellos de Monforte, Sober, O Saviñao, Pobra de Brollón, etc. como se puxo de manifesto na reunión da organización feita recentemente en Ferreira, á que asistiron máis de vinte persoas da organización, que no mes de agosto aglutina a máis de 60 voluntarios. Nesta reunión que significou o pistoletazo de saída para a edición do 2010, comezáronse a valorar os distintos grupos que poderían recalar no festival, así como, as distintas actividades ao longo de toda a xornada que este ano recaerá no día 21 de agosto.
|
|
Continuar...
|
|
O festival 2009 en Imaxes |
|
|
|
 Rematou o festival con moi bon sabor de boca. Todos e todas disfrutamos dun grande ambiente que queremos agradecer especialmente a todas a persoas que partipástedes nas diferentes actividades. Desde o Torneo de Birlos, os postos de artesanía, o xantar, os pasarrúas, os artistas da tarde ou os concertos da noite, en todo momento a festa e o bo humor foron a nota predominante. Xa estamos preparando a edición do ano que ven na que tentaremos sorprender con algunha novidade que xa estamos argallando. Serán ben recibidas as propostas e ideas, gostaríamos de saber o que vos gustou e o que non tanto. Como algo a mellorar, tentaremos que os concertos rematen un pouco antes para que o descanso tamén sexa posíbel, xa que este ano moitos xuntamos a noite e o día. Finalmente agradecer a todas as persoas que colaboraron e traballaron para que todo saira ben e para que un ano máis podamos falar de éxito o que fai que renovemos as gañas de seguir mantendo un festival popular, independente e participativo, en Pantón e na Ribeira Sacra. Vémonos nos bares! |
|
Programación definitiva do Festival do Castro'09 |
|
|
|
 O programa xa está completo e temos preparadas unha morea de actividades para que desde a mañá do sábado até case o amencer do domingo non pare a festa. Achégate a Pantón a disfrutar destas estimulantes propostas! Pola mañá comezaremos coa final do Torneo de Birlos, a apertura da Feira de Artesanía e os pasarúas da Teboada do Baixo Minho que cos seus tambores despertarán aos veciños e veciñas de Ferreira e porán a funcionar toda a maquinaria festeira no Castro. Coa chegada do mediodía comeza o Xantar popular que rematará coa animación musical da charanga dos Veraneantes. E xa entre probas de son e paseos polo festival comezaremos co teatro de rúa e o novo circo de Cigânì & Cía e os arxentinos Dj Capuzzi e a Señorita X que garantizan, por contrato, a diversión e as risas de novos e maiores. E así iremos chegando á noite onde disfrutaremos dun espectacular concerto, que se prolongará até case facerse dia e que será presentado polo humorista David Amor que dará paso actuar os bercianos de Aira da Pedra coa visón do folk, á sempre sorprendente actuación dos eléctricos Festicultores, o novo traballo dos Cuchufellos, Achegaivos Feligreses, o funky-reagge-rap de Som do Galpom e o rotundo hip-hop dun dos mellores grupos galegos como é Dios Ke Te Crew. Música e actividades para todos os gustos para non perderse. Lembra que temos zona de acampada e todo o necesario para disfrutares da festa. Vémonos o sábado! |
|
|
|
<< Início < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Página 2 de 3 |