INFORMACIÓN PDF Versão para impressão Enviar por E-mail
Durante todo o día hai animación e actividades nas que poder participar. Todo o festival é gratuito e para integrarse nalgunha actividade só hai que perder o medo e botarse a bailar, a cantar, a berrar...

Acampada libre

Dispomos dun espazo reservado para tendas de campaña que está no recinto do Festival e que ten toma de auga e sombra. está dispoñíbel desde o día 20 até o día 22 para que non haxa presas. O espazo de acampada está valado e ten persoas da organización do Festival atendendo á entrada.

Bar e bocatas

Como cada ano montamos unha barra con bebidas, licores, refrescos e bocatas a prezos populares para que nada falte na noite do Festival. Está cuberto por unha carpa onde tamén se desenvolve o xantar popular e conta con mesas para comer, beber e conversar. Ademais de produtos da terra conta cun futbolin e música.

Do Festival somos todos, do Castro somos todas!

O Festival naceu con vontade solidaria, popular e participativa. Cada ano supón un esforzo económico manter un espazo como este nas mans dunha asociación como a nosa e que sexa gratuito e independente. Se axudan institucións, negocios e particulares tamén debéramos de contribuir todos e todas as que nos achegamos a disfrutar do festival. Por suposto que non imos proibir que quen queira traia comida ou bebida, ... todos e e todas imos de festivais. Só pedimos que que apoies esta aventura anual deixando algunha aportación no bar da organización ou que non marches sen a túa camiseta.

Aparcamento e servizos.

Ainda que unha vez alí non o parece o castro está no casco urbán de Ferreira de Pantón, polo que dispón de todos os servizos (restaurantes, gasoliñeira, supermercados, ...). Para aparcar non é difícil atopar sitio nos derredores do festival. Recomendamos que unha vez chegados a Ferreira se aparque porque todo está moi perto e ao castro accédese a pé desde varias rúas.

Baños públicos

Accesíbeis desde o recinto de Festival dispomos de varios WC públicos con limpeza permanente.

Material á venda

Este ano dispomos dun modelo de camiseta do festival en varias cores. Vendémolas a 8 euros e podes conseguila enviándonos un correo a Este endereço de e-mail está protegido de spam bots, pelo que necessita do Javascript activado para o visualizar

Limpeza

Aínda que ao rematar o festival limpamos todo o espazo, dispomos de contedores de lixo por todo o recinto de Festival. Recomendamos non levar vidros e sobretodo non tiralos en calqueira lugar. O castro é un entorno moi especial e mantelo así é unha labor colectiva.

Festas de Ferreira de Pantón

O castro de Pantón está situado na localidade de Ferreira de Pantón que nestes días estára en festas. Os días anterior e posterior ao Festival do Castro haberá a animación típica con orquestas, postos de comidas e chiringuitos varios.

A Ribeira Sacra

A nosa comarca ten moitos atractivos para pasar uns días entre nós e disfrutar tanto da paisaxe como da xente: http://www.ribeirasacra.org/turismo/ga/web/pdt.php