Programación definitiva do Festival do Castro'09 PDF Versão para impressão Enviar por E-mail
O programa xa está completo e temos preparadas unha morea de actividades para que desde a mañá do sábado até case o amencer do domingo non pare a festa. Achégate a Pantón a disfrutar destas estimulantes propostas! Pola mañá comezaremos coa final do Torneo de Birlos, a apertura da Feira de Artesanía e os pasarúas da Teboada do Baixo Minho que cos seus tambores despertarán aos veciños e veciñas de Ferreira e porán a funcionar toda a maquinaria festeira no Castro. Coa chegada do mediodía comeza o Xantar popular que rematará coa animación musical da charanga dos Veraneantes. E xa entre probas de son e paseos polo festival comezaremos co teatro de rúa e o novo circo de Cigânì & Cía e os arxentinos Dj Capuzzi e a Señorita X que garantizan, por contrato, a diversión e as risas de novos e maiores. E así iremos chegando á noite onde disfrutaremos dun espectacular concerto, que se prolongará até case facerse dia e que será presentado polo humorista David Amor que dará paso actuar os bercianos de Aira da Pedra coa visón do folk, á sempre sorprendente actuación dos eléctricos Festicultores, o novo traballo dos Cuchufellos, Achegaivos Feligreses, o funky-reagge-rap de Som do Galpom e o rotundo hip-hop dun dos mellores grupos galegos como é Dios Ke Te Crew. Música e actividades para todos os gustos para non perderse. Lembra que temos zona de acampada e todo o necesario para disfrutares da festa. Vémonos o sábado!