| Comeza a andar o Festival do Castro 2010! |
|
|
|
|
Dende a organización apostamos por repetir fórmulas exitosas das pasadas edicións, coma os Pasarrúas, Feira de Artesanía, Campionato de Birlos, Xantar Popular con Café Concerto e os Xogos de malabares e circo de entretemento para os mais cativos ao longo da tarde, para que o publico se divirta e entreteña ata a chegada do prato forte que será o Concerto do Festival do Castro, coas actuacións previstas para a noite e nas que agardamos acertar de novo coa elección dos grupos musicais, que abraguerán distintos estilos musicais que satisfagan os gustos de tódolos asistentes ao festival, fieis á liña dos derradeiros anos. Dado o peso específico no ámbito cultural acadado por o festival nas últimas edicións, agardamos seguir contando co apoio institucional da Xunta de Galicia non comprometido ata o momento, polo que nas datas precedentes mantivéronse diversas entrevistas co alcalde de Pantón José Luis Álvarez, a medio de quen os representantes da Asociación Cultural O Castro puidemos manter un breve encontro co Conselleiro de Cultura, na visita que o mesmo Roberto Varela tiña previsto facer ó concello de Pantón este domingo. En dita entrevista o titular da Consellería de Cultura, amosou o seu interese polo que representa o fenómeno do Festival do Castro no sur de Lugo, feito pola cal confiamos en poder concretar algún tipo de aval institucional, dependente da Xunta de Galicia, ó tempo que agradecemos o interese por dita actividade. Dentro da campaña prevista para a realización do Festival de 2010, e no marco das actividades da Feira do Viño de Pantón, que terá lugar o fin de semana que se achega, terá lugar a presentación da camisola oficial da undécima edición do Festival do Castro, así como a súa venda para o público en xeral, que se realizará nunha das casetas que o concello pon a disposición da Asociación Cultural O Castro, feito polo cal convidamos ó público que nos visite nestas datas, a irse acondicionado coa nova camisola do Festival. Accede aquí á entrevista sobre o Festival no suplemento "Ribeira Sacra" |