Durante todo o día hai animación e actividades nas que podes participar. Todo o Festival é gratuíto e para integrarse nunha actividade só hai que perder o medo e botarse a bailar, a cantar, a berrar…
Autobuses
Saídas de Monforte: Casiñas da Compañía.
Saídas de Ferreira: Cruce do Campo da Feira
Empresa: Vilabús
Prezo do billete: 2,5 euros
Saída | Traxecto | Chegada |
21h00 | Monforte – Ferreira | 21h15 |
23h00 | Monforte – Ferreira | 23h15 |
Saída | Traxecto | Chegada |
06h00 | Ferreira – Monforte | 06h15 |
09h00 | Ferreira – Monforte | 09h15 |
Acampada libre
Dispomos dun espazo reservado que está no recinto do Festival que está valado e que ten toma de auga e sombra. Está dispoñíbel desde o día 18 até o día 20 para que non haxa presas.
Bar e bocatas
Como cada ano montamos unha barra con bebidas, licores, refrescos e bocatas a prezos populares para que nada falte. Está cubeto por unha carpa onde tamén se desenvolve o xantar popular e conta con mesas para comer, beber e conversar.
Estacionamento e servizos
Aínda que unha vez aquí non o parece, o Castro está no casco urbán de Ferreira de Pantón, polo que dispón de todos os servizos (restaurantes, gasolineira, supermercados…). Non é difícil atopar sitio para aparcar nos arredores do festival. Recomendamos que ao chegar a Ferreira aparques porque todo está moi perto e ao castro accédese a pé desde varias rúas.
Baños públicos
Accesíbeis desde o recinto do Festival, dispomos de varios WC públicos con limpeza permanente.
Limpeza
Aínda que ao rematar o festival limpamos todo o espazo, dispomos de contedores de lixo por todo o recinto do Festival. Recomendamos non levar vidros e sobretodo non tiralos en calquera lugar. O castro é un entorno moi especial e mantelo así é unha labor colectiva.

O FESTIVAL SOMOS TODOS
O CASTRO SOMOS TODAS
O festival naceu con vontade solidaria e participativa. Cada ano supón un enorme esforzo económico manter un espazo así nas mans dunha asociación coma a nosa e leva máis traballo manter a completa gratuidade e independencia desta festa.
Cómpre sermos corresponsábeis por ser o Festival do Castro un ben colectivo que precisa o noso alento para sobrevivir e porque queremos que esta aventura que tanto traballo custou recuperar medre.
Como sempre, non imos prohibir que quen queira traia a súa comida ou bebida ao recinto do festival. Só pedimos que apoies este soño, no que tamén vos embarcades cada ano, a través dalgunha consumición no bar da organización e/ou mercando a túa camisola. Con estes pequenos xestos garantimos que ano tras ano podamos seguir a gozar da música e cultura en liberdade nesta pequena illa interior.
Saúde e Festival do Castro!